Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove ten o privilexio de estar situado nun espazo natural de gran valor ecolóxico. Proba do seu atractivo natural é o Complexo Intermareal Umia–O Grove, catalogado como humedal Ramsar, zona ZEPA, Rede Natura 2000, entre outras figuras de protección.

 

A toda esta riqueza súmaselle o extenso patrimonio natural co que conta a península.

As praias bandeira azul, a Illa da Toxa ou o monte da Siradella son algúns destes exemplos.

 

Toda esta riqueza natural é o motor de traballo da Concellería de Medio Ambiente. A súa política céntrase na conservación dos espazos naturais do concello. Para acadar iso está apostando por unha estratexia de prevención e divulgación do patrimonio natural. O seu traballo céntrase no deseño de proxectos que poñan en valor os recursos naturais, así como a posta en marcha de programas de educación ambiental que sensibilicen a poboación cara á conservación destes espazos.