Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo público de atención á cidadanía pertencente ao Concello do Grove e dependente do Instituo Galego de Consumo, da Xunta de Galicia.

 

Axencia de Desenvolvemento Local

 

Enderezo

Casa do Concello

Praza do Corgo, 1, 2º andar

36980 O Grove

Teléfono

986 730 609

Fax

986 733 902

Correo electrónico

adlogrove@concellodogrove.com

Horario de atención ao público

Só atención telefónica

10.00-14.00 h (de luns a venres)

 

Os consumidores e consumidoras poden realizar todo tipo de  consultas e reclamacións sobre temas de consumo, o servizo é totalmente gratuíto.

As funcións da OMIC están establecidas na Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, no seu artigo 14.º:

  • Información, axuda e orientación aos consumidores e usuarios para o exercicio dos seus dereitos.
  • Indicación de enderezos doutros centros públicos ou privados de interese para o consumidor.
  • Recepción e rexistro de queixas e reclamacións dos consumidores e remisión destas ás entidades e organismos correspondentes.
  • En xeral, a atención, defensa e protección dos consumidores e usuarios.

 

Desde a OMIC realízanse tarefas de educación e formación en materia de consumo, promovendo a formación dos consumidores e consumidoras, tanto da xente miúda (a través de actividades na escola) como da mocidade e dos/as adulta/as, mediante a realización de cursos, coloquios, obradoiros, xornadas, publicacións, etc.

 

Sempre que necesite información, asesoramento, presentar unha reclamación, queixa ou denuncia, pode dirixirse ás nosas oficinas.

 

Ligazón de interese: Instituto Galego de Consumo

 

Información de interés: Blog con información relativa a comunicaciones  http://blogcmt.com/page/2/

 

Paticipacións preferentes e subordinadas de Bankia. Ábrese o prazo para presentación de solicitudes de arbitraxe, do 18 de abril de 2013 ao 30 de abril de 2013. As solicitudes realizaranse nas oficnas da entidade.

Informe da CNMV Pincha aquí.

 

Criterios básicos para aplicar en arbitraxe de preferentes e subordinadas segundo Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) para entidades particpadas polo mesmo, entre elas Novagalicia Banco. Para acceder ao documento pichar aquí.

 

Axudas aluguer COVID-19