Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campaña de verano 2014

Fecha: 2014-03-26

A OMIX informa de que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.

 

A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante unha inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

 

As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.
  • Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

Participantes

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado para cada actividade.

 

Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:

  • Os/as nados/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os/as nados/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

Solicitudes: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014. No caso de que se presenten as solicitudes na OMIX, o prazo rematará o 9 de abril.

 

Máis información no DOG do 26 de marzo de 2014

 

http://xuventude.xunta.es/2014032612889/campana-de-veran-2014.html