Taller de ideas. Programa Iniciativa Xove
Fecha: 2014-04-01
A OMIX informa dun taller de ideas que terá lugar este mércores, ás 18.30 h na Casa azul.
Taller de ideas pretende ser unha ferramenta de traballo sobre proxectos de participación xuvenil en grupos reducidos enfocados a mozos e mozas e entidades de carácter xuvenil xa decididos á presentación de propostas no marco do programa Iniciativa Xove ou outros similares, ou que ben xa teñan concorrido noutras convocatorias e busquen mellorar as súas competencias en canto á redacción e execución de proxectos.
A metodoloxía é eminentemente práctica, buscando o traballo en equipo e o intercambio de ideas entre os asistentes, logo de introducir unha breve exposición teórica ao inicio da sesión.
Contidos:
. Que é a participación xuvenil?
, Iniciativa Xove. O programa
. Estrutura dunha Iniciativa
. Execución do proxecto. Pautas para pasar do papel á realidade
. Prazos e cronograma. Organízate no tempo.
. Tes unha idea? Lidera o teu propio proxecto.
Destinatarios/as:
. Entidades xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude
. Grupos de mozos e mozas
. Colectivos interesados en levar a cabo proxectos de participación xuvenil
. Técnicos/as municipais
. Público en xeral
En breve sairán unhas axudas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para financiar estes proxectos que poden chegar aos 4000 euros.