Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Éxito de público na representación de Laranxus 7

Fecha: 2014-06-06

Na tarde de onte, Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Educación, en colaboración coa Rede de Bibliotecas do Grove, sumouse á conmemoración desta significativa data para concienciar a xente miúda sobre a importancia de coidar o noso planeta. Para tal fin, a compañía Avento Teatro representou o seu espectáculo de monicreques Laranxus 7, no que se tratan temas moi acaídos para este día, como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidariedade coas persoas e co medio natural.

 

Antes dos monicreques, a concelleira de Educación do Concello do Grove, Laura Besada, entregou os premios do III Concurso de Fotografía Medioambiental, no que participaron os escolares dos centros educativos dos últimos cursos de educación primaria e da ESO. Nesta ocasión, o primeiro premio de primaria foi para Noa Fernández, o de secundaria para Carlos Gondar, e Gabriel Díaz, tamén de secundaria, recibiu un accésit.

 

Máis información>