Abierto el plazo de inscripción en el Programa Madruga del CEIP Valle-Inclán hasta el 5 de septiembre
Fecha: 2014-08-19
Este servizo municipal permite conciliar os horarios laborais e escolares das familias do centro
O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, abre o prazo de inscrición do programa madruga no CEIP Valle-Inclán para o vindeiro curso escolar. Os pais e nais que queiran inscribir aos seus fillos neste servizo municipal, que busca garantir a conciliación da vida laboral e familiar, poden realizar as inscricións na Casa do Concello ata o venres 5 de setembro. O Programa Madruga volve a ofrecerse no CEIP Valle-Inclán por cuarto curso, co fin de facilitar a compatibilidade horaria das xornadas laborais dos pais cos horarios escolares dos seus fillos.
O programa desenvólvese nunha das aulas do comedor escolar. O servizo está dispoñible desde as 7.30 horas ata o inicio das clases. Durante este tempo, os asistentes gozarán de xogos cooperativos, traballos manuais, actividades de lecer…
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello, achegando xunto con elas o resgardo da matrícula escolar; unha copia do libro de familia; outra dos DNI da nai e do pai; o título de familia numerosa (de ser o caso); e unha fotocopia da cartilla da Seguridade Social do ou da menor.
O prezo do servizo é 30 euros ao mes, agás no caso de subscribirse ao programa máis dun irmán, de pertencer a unha familia numerosa ou monoparental. Nestes supostos, aplícase unha redución do 20%.
Ademais dos usuarios habituais, o Concello tamén pon á disposición das familias bonos de dez días para que poidan utilizar o servizo en días soltos ao longo de todo o curso, no caso de que apareza unha urxencia ou se cree unha necesidade concreta nun día determinado. Neste caso, o prezo por día de asistencia é 2,5 euros.