Aberta a matrícula nos cursos de linguaxe administrativa e Celga nas EOI
Fecha: 2014-09-04
A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia publicou hai uns días unha nova convocatoria de cursos de linguaxe administrativa, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga 2-3-4 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.
Matrícula:
- desde o 28/08/2014 e ata o 12/09/2014 (para os cursos do 1º cuadrimestre)
- desde o 15/12/2014 ata o 16/01/2015 (para os cursos do segundo cuadrimestre)
Só se poderá facer unha solicitude dun único curso nunha soa escola oficial de idiomas.De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.
Presentación de solicitudes nas Secretarías das Escolas oficiais de idiomas ( en Pontevedra na r/ Celso Emilio Ferreiro s/n, tel. 986 833 018).
Para fecer os Cursos de Linguaxe Administrativa programados cómpre acreditar a condición de persoal da Administración pública.
Para máis Información sobre a convocatoria e descargar os formularios de inscrición, preme aqui: convocatoria
Tamén se pode informar máis polo miúdo contactando co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) muicipal do Concello do Grove.