Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Títeres, hinchables, globoflexia y maquillaje para celebrar la vuelta al colegio en O Grove

Fecha: 2014-09-11

 

 

A Concellería de Educación organiza mañá venres unha festa diante da Casa do Concello

 

A Concellería de Educación do Grove organiza mañá venres unha festa para celebrar o regreso ás aulas do alumnado do municipio. Desde as 18.00 horas na Praza do Corgo, diante da Casa do Concello, ofrecerase unha actuación de monicreques, inchables e actividades de maquillaxe e globoflexia.

 

Títeres Cachirulo serán os encargados de abrir a tarde, coa posta en escena da obra Pinocho. É un espectáculo infantil de monicreques baseado no conto de Carlo Collodi Le aventure di Pinocchio. O famoso boneco construído por Geppeto vive as máis incribles aventuras para chegar a ser un neno de verdade, feito e dereito.

 

Títeres Cachirulo é unha compañía creada en 1985 e caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa. Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

 

Tras os monicreques comezará as quendas dos inchables, das sesións de maquillaxe infantil e da globoflexia, nas que poderán participar todos os nenos e nenas de xeito gratuíto.

 

Con esta actividade a Concellería de Educación pretende relacionar o inicio do curso con actividades lúdicas e positivas, que favorezan a volta ás aulas do alumnado.