Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Abierto el plazo de inscripción para el taller de teatro cómico en O Grove

Fecha: 2014-11-18

 

 

A Concellería de NN TT, Documentación e Patrimonio, dirixida por Alexandre Aguín, comunica que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, da que é membro o Concello do Grove desde principios do ano pasado, vai desenvolver no noso municipio a actividade de dinamización lingüística gratuíta Obradoiro de teatro cómico, dirixida a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos.

 

Esta actividade de dinamización lingüística será impartida polos actores da compañía Os Sete Magníficos máis Un e ten unha duración de 15 horas, repartidas en varias sesións. A primeira delas será o vindeiro sábado 22; a segunda, o sábado 29 deste mesmo mes, e o sábado 13 de decembro levarase a cabo a derradeira. O horario será os tres días de 10.00 a 14.00 h e o lugar da cita, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

  

Ao longo desta actividade, as persoas participantes crearán unha peza de teatro cómico que representarán en aberto, e tamén de balde, para todo o público do concello ao finalizar o obradoiro, o sábado 13 de decembro, ás 20.00 h, na mesma Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Debido a que as prazas son limitadas, quen teña interese en participar neste obradoiro gratuíto deberase inscribir previamente no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey), no teléfono 986 733 190 (de 9.00 a 13.00 h) ou enviando os seus datos persoais (nome e apelidos; idade; teléfono de contacto e correo electrónico) ao enderezo electrónico normalizacionlinguistica@concellodogrove.com.    

 

Dossier con máis información sobre a actividade>