Cursos de lingua galega para adultas/os
Fecha: 2010-01-11
Aberto o prazo de preinscrición para os cursos Celga do ano 2010
O Concello do Grove abre o prazo de preinscrición para os cursos gratuítos de lingua galega preparatorios para as probas dos certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 que se desenvolverán ao longo do ano 2010.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa preinscrición, ata o 25 de febreiro de 2010, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, baixo) ou no teléfono 986 733 190, de luns a venres e de 9.00 a 13.00 h.
Máis información:
n www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga