Charla informativa sobre la Incubadora de Proxectos
Fecha: 2015-03-04
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de educación non formal Incubadora de Proxectos e, coa colaboración da Concellería de Xuventude do Concello do Grove, levarase a cabo unha charla informativa o día 25 de marzo as 18.30 h na Sala das Cunchas.
As persoas interesadas en participar ou en obter máis información deberán pasar pola OMIX, situada no segundo andar do edificio administrativo municipal de luns a venres de 9.00 a 14.00 h ou tamén os luns de 16.00 a 19.00 h.
Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
Esta actividade pretende amosar aquele recursos especialmente enfocados a mozos universitarios e centrarase en propostas sobre emprendemento, participación e voluntariado dando especial relevancia ao programa Iniciativa Xove que financia con ata 4000 euros a proxectos impulsados por mozos e mozas no campo da participación xuvenil.
En definitiva, é unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que revertan na mocidade de hoxe. Poden xurdir dende as asociacións e entidades legalmente constituídas ou ben á marxe delas, a través dos grupos informais de mozos e mozas.