Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ensino básico para persoas adultas

Fecha: 2010-01-18

 

Hoxe luns comeza a fase inscrición nos cursos de formación para persoas xubiladas e pensionistas da Escola de Maiores, dependente do Servizo de Formación de Persoas Adultas da Concellería de Educación. Está prevista unha estreita colaboración co CIM da Concellería de Igualdade e Benestar, que achegará as técnicas memorísticas.

Esta acción educativa está destinada a persoas sen titulación académica que desexen recuperar coñecementos e vivir a experiencia escolar nun contexto adulto.

Ten unha estrutura similar a unha clase "convencional", pero con atención especial a materias que axuden á promoción persoal, á creación de hábitos saudables, ao impulso da igualdade por medio da capacitación para as novas realidades, e á valoración dos propios coñecementos e patrimonio cultural inmaterial e material.

As clases terán lugar tres días á semana, de 10.30 a 12.00 h:

  • luns e venres: ensino básico
  • mércores: estimulación cognitiva

Máis información e inscricións:

Na aula de Protección Civil (Edificio A Torre), durante o horario das clases

No teléfono do Centro de Información ás Mulleres (986 730 900), en horario de mañá.

Na aula da escola infantil do Monte da Vila, de 18.00 a 22.00 horas