Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Clausura do Obradoiro de Emprego Monte das Flores V

Fecha: 2015-03-26

O día 26 de marzo, ás 12:30h. clausúrase o Obradoiro de "Emprego Monte das Flores V", por parte do Alcalde, Concelleiros, O Delegado Territorial e Xefa Territorial da Xunta de Galicia.

Durante seis meses formouse a un grupo de 19 alumn@s do Grove, repartidos nos Módulos de Deseño Gráfico(8) e Atención Sociosanitaria no Domicilio (11).

Formación mixta teórico práctica por un total de 960h.

Cartelería, señalética, deseño de material didáctico e de difusión...é parte do traballo realizado polo grupo de Deseño Gráfico e que pode verse na exposición que está aberta na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey ata o 31 de marzo.

O grupo de Axuda Domiciliaria desplazouse a unha serie de domicilios nos que prestaron os seus servizos e adquiriron a práctica para incorporarse ao mercado laboral con maiores garantías, beneficiándose unha serie de usuarios e as súas familias, aos que queremos agradecer a súa colaboración, sin ela faltaría unha parte importante da formación dos alumnos. Agradecer tamén o traballo e esforzo d@s alumlun@s participantes e do equipo directivo e docente.

 

Dende o Concello xa se está traballando no proxecto para este ano, solicitude xa realizada á Consellería de Traballo e Benestar e á espera da súa resolición.