Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O espectáculo 'Vaia banda', de Odaiko e a Banda de Música, chega ao Grove da man da Concellería de Educación

Fecha: 2015-05-05

 

 

  • O sábado día 9, ás 20.00 horas, na praza do Corgo
  • É un concerto didáctico para escolares

 

A Concellería de Educación do Concello do Grove convida os escolares ao espectáculo “Vaia Banda”, que ofrecerán o sábado 9 o grupo de percusión Odaiko e a Banda de Música do Grove na praza do Corgo, ás 20.00 horas. 

 

Trátase dun concerto didáctico, no que os percusionistas de Odaiko, xunto coa banda, farán unha viaxe na que repasan parte da literatura musical presente en cada unha das comunidades autónomas do noso país. Todo isto acompañado cunha divertidísima posta en escena, onde todo tipo de instrumentos de percusión serán os encargados de dar a entender a fermosa historia destes intrépidos embaixadores do ritmo.

 

Odaiko é un grupo de percusión fundado en 2003, que está formado por catro músicos licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz. Ofrecerán unha velada chea de boa música, humor e aventuras inesperadas nas que o público non poderá fuxir.

 

O espectáculo “Vaia Banda” está incluído na programación “Contamos contigo”, elaborada polas concellerías de Educación e de Novas Tecnoloxías, Patrimonio e Documentación. O programa inclúe contacontos, concertos e outras actividades que están espertando a atención dos máis pequenos da casa, ao mesmo tempo que se esperta a súa imaxinación e creatividade, e se ofrecen alternativas de lecer e de ocio.