O Concello do Grove coloca céspede artificial no patio do colexio Conmeniño
Fecha: 2015-05-22
- Reutilizouse o material que substituíron no campo de fútbol do Monte da Vila
Os operarios municipais remataron a colocación do céspede artificial no patio do colexio Conmeniño, dando resposta a unha demanda realizada pola ANPA do centro. A concellería de Obras e Servizos aproveitou unha parte do céspede que fora substituído no campo de fútbol Monte da Vila para colocalo sobre unha zona de xogo de asfalto no patio escolar.
A concellería de Obras xa reutilizou todo o céspede que se retirou hai un ano do campo do Monte da Vila e repartiuno entre os colexios Conmeniño e Rosalía de Castro, e na pista deportiva do Sineiro. No colexio Rosalía de Castro o céspede utilizouse para cubrir o patio infantil. Aínda que o céspede non estaba nas condicións óptimas para xogar ao fútbol no Monte da Vila, o certo é que puideron aproveitarse as zonas que estaban menos danadas para cubrir novas localizacións.

