Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove consegue unha das subvención máis altas de Galicia polo seu proxecto para a promoción do uso da lingua galega

Fecha: 2015-08-12

 

O programa do Grove tan só foi superado polo Concello de Ourense e o de Ribeira, coincidindo na contía co de Boqueixón

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove presentou no mes de maio unha proposta para optar ás subvencións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lles concede ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. Trátase dun proxecto que recolle as actividades realizadas e as que se pretendían realizar ata mediados do vindeiro mes de outubro.

 

Unha vez que se procedeu á resolución das ditas subvencións, o Concello do Grove obtivo unha das mellores puntuacións de Galicia, chegando a acadar unha axuda de 5.365,00 euros, que servirán para contribuír ao funcionamento do servizo. Esta contía tan só foi superada por Ourense e Ribeira e por tres agrupacións de municipios. 

 

Esta axuda supón unha boa referencia para continuar con actividades de dinamización e mellora do uso do galego no Concello do Grove, e contribuirá a que se poidan seguir  realizando un programa concreto e estable de actividades.