Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cancelado o concurso de bandas “Centolo Rock”

Fecha: 2015-12-02

Só dous grupos se anotaron para participar no evento. O Concello realizará unha revisión das bases para dotar de un premio máis alto de cara a próximas edicións. 

 

A convocatoria do concurso de bandas “Centolo Rock” incluída nas XIII Xornadas da Centola non tivo a repercusión agardada e só dous grupos se inscribiron para participar. Deste xeito, considerouse necesario cancelar a súa celebración e poñerase en marcha unha revisión das bases para mellorar esta proposta de cara ao ano próximo.

 

Segundo as conversas mantidas con persoas vencelladas ao mundo da música, a contía proposta para o premio (300 euros) non resultaba o suficientemente atractiva, se ben, desde o Concello era imposible achegar máis fondos este ano debido ao limitado orzamento das Xornadas. Deste xeito, de cara ao ano próximo farase unha previsión máis adecuada para poder mellorar neste aspecto e facer unha previsión do evento máis anticipada.