Saltar al contenido

Esta web utiliza cookies de terceros para mejorar el servicio. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Actividades de naturaleza para escolares

Ao longo dos vindeiros meses e ata o mes de xuño, o Obradoiro de Emprego Monte das Flores IV, promovido polo Concello do Grove, desenvolverá unha serie de actividades dirixidas a escolares dos centros públicos da nosa Comunidade Autónoma. Estas actividades desenvolveranse ao longo de distintos espazos naturais do concello do Grove e serán levadas a cabo polos alumnos-traballadores da especialidade de Educación Medioambiental. Ata o momento temos ao redor de 1300 reservas confirmadas, e aínda quedan días libres para os centros que desexen participar nestas actividades, que poderán facer as súas reservas nos tels.: 986 733 001 ou 630 733 565.

As actividades programadas levaranse a cabo en horario de mañá e terán unha duración aproximada de 3 horas e media. As devanditas actividades son as seguintes:

· Desde o ceo á marisma, un mundo de aves por descubrir.

· Marisqueo a pé: “Rañando a area”.

· Oficios mariñeiros, da terra ata o mar: un camiño de ida e volta.

· Enredados na natureza, harmonía coa paisaxe.

Tamén, e a partir do mes de marzo e cos mesmos horarios, levaranse a cabo outras actividades programadas para o público en xeral, e que lles permitirán aos asistentes estar en contacto coa natureza, gozando dos contornos naturais que ofrece O Grove. Estas actividades son as seguintes:

· Roteiro saudable “Illa da Toxa”, Empápate de Natureza, lenda e realidade.

· Roteiro saudable “Lagoa da Bodeira”, Cara a cara coa natureza.

· Roteiro saudable “Adro Vello”, Camiño a unha historia de lendas.

Mañá xoves levarase a cabo a actividade denominada “Desde o ceo á marisma, un mundo de aves por descubrir”, coa participación de corenta escolares pertencentes o CEIP Rosalía de Castro do concello do Grove. Asistirán os concelleiros de Medio Ambiente e Persoal, Noemi Outeda e Xan Lamelas.

A actividade ten como principal finalidade coñecer a marisma do Vao, incluída no complexo intermareal Umia-Grove (catalogado como Zona Especial Protección para Aves, Lugar de Interese Comunitario, integrado no convenio Ramsar ).

A xornada comeza na aula da natureza do Concello, situada no monte da Siradella onde se introduce os participantes no mundo da ornitoloxía a través dunha presentación en Power Point e desde o miradoiro os alumnos realizan prácticas de manexo dos prismáticos, de orientación e interpretación do contorno natural e xeográfico no que se atopan. A continuación visitase a Lagoa da Bodeira e ás casetas de avistamento, situadas no istmo da Lanzada, onde se estude in situ as distintas clases de aves migratorias que se achegan ata esta marisma.


Todas las noticias