A feira semanal terá lugar o xoves
Fecha: 2015-12-23
Debido á coincidencia de festivos no día habitual (venres), cámbiase a data para permitir que os vendedores e compradores dispoñan deste servizo.
A feira semanal do Grove modifica as súas datas durante estas semanas de Nadal. Debido á coincidencia dos festivos do 25 de decembro e o 1 de xaneiro en venres, foi preciso cambiar a data e pasar este a desenvolverse nos xoves anteriores. O Concello do Grove tenta, deste xeito, facilitar o labor dos vendedores e que os veciños e veciñas sigan contado con este servizo.
Renovación de licenzas
Precisamente, ata o 31 de decembro os vendedores do mercado ambulante do Grove contan con prazo para solicitar a renovación das súas licenzas. Segundo o número de renovacións existentes, valorarase se se producen vacantes e se é preciso poñelas á disposición de novos vendedores.