Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello retoma o plan de formación e actualización dos DESA

Fecha: 2016-01-22

 

O luns 25 de xaneiro realizaranse as primeiras formacións para usuarios dos desfibriladores en instalacións deportivas municipais.

 

O vindeiro luns realizaranse as primeiras das formacións previstas para o uso dos Desfibriladores Externos Semi-Automáticos (DESA). Trátase dun grupo de 14 persoas composto por monitores dos clubs deportivos e responsables de mantemento de instalacións que serán habilitados para poder empregar estes equipamentos. O curso, que ten unha duración de sete horas e media, permitirá garantir que ademais do propio equipamento exista persoal que saiba empregalo, o que supón que os deportistas que usan os pavillóns municipais contarán con esta protección adicional nos seus adestramentos e partidos.

 

Esta formación resulta necesaria logo de que a realizada en 2013 non fora renovada, ademais isto permitirá dar de alta nas bases de datos do Departamento de DESA do 061 os desfibriladores instalados nos campos de fútbol do Monte da Vila e das Lampáns, como é preceptivo cando se instalan (trámite que non fora realizado ata agora).

 

Ademais da formación, o Concello tamén iniciará un programa de mantemento mensual dos aparellos que non foran revisados desde a súa instalación e que nunha primeira comprobación tiñan os eléctrodos caducados, o que os convertía en elementos inservibles para o seu cometido. O Concello agarda poder así poñer ao día as instalacións deportivas municipais no que a vixilancia da saúde se refire, estendendo estas prácticas a outras instalacións como o mercado.