Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello inclúe dúas propostas no Proxecto de Vilas Termais de Pontevedra que lidera a Deputación

Fecha: 2016-01-25

Trátase de dúas actuacións vencelladas á Illa da Toxa que serán incluídas na candidatura ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal que presentará a Deputación.

 

Logo de que o pleno do Concello do Grove aprobara o pasado mes de novembro a adhesión do Grove á convocatoria do Proxecto de Vilas Termais de Pontevedra, tense traballado na elaboración da Memoria Descritiva dos recursos termais existentes no Concello, facendo unha valoración da situación actual deses recursos ademais da estrutura turística vencellada a estes. 

 

O Proxecto de Vilas Termais ten como obxecto a promoción e desenvolvemento do produto turístico termalismo de Pontevedra, mediante a creación de novas infraestruturas e servizos termais, a mellora das existentes e a súa promoción por iso, logo de ter realizado a correspondente memoria, os Concellos adheridos a este proxecto tiveron que presentar propostas concretas que contribuíran á consecución deses obxectivos. 

 

Neste caso o Concello do Grove, tendo en conta a análise das necesidades actuais e dos recursos existentes, remitiu dúas propostas: a primeira denominada “Recuperación do Xardín Botánico e a Lagoa de Vista Alegre da Illa da Toxa” e a segunda “Acceso e Auditorio ao Aire Libre do Monte Central da Illa da Toxa”. Trátase de revitalizar a zona central da illa e de incidir na utilidade e uso público do espazo verde de maior importancia da zona urbana. En ambos os casos trabállase tendo en conta a perspectiva da convocatoria na que se pretende conxugar o turismo termal co coidado do medio ambiente e a recuperación do patrimonio. 

 

As propostas deberán agora pasar o período de avaliación. No caso de seren aprobadas contarían cunha subvención por parte do Programa do 75%, sendo o 25% restantes achegados polos socios (neste caso, Deputación e concellos) estando por determinar, dentro dese 25%, que porcentaxe lle correspondería ao Concello.