Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Dan comezo os cursos de preparación para o Celga

Fecha: 2016-01-26

 

 

As clases impártense na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey desde onte e ata o mes de abril. 

 

O Concello do Grove acaba de comezar os cursos de preparación para os Celga, que serán impartidos polo Servizo de Normalización Lingüística entre onte luns, 25 de xaneiro e ata o fins de marzo. Debido á demanda téñense establecido dous grupos de quince persoas que asistirán as clases de 10.00 a 12.00 horas. O primeiro grupo acudirá os luns e mércores e o segundo os martes e xoves. 

 

Trátase de facilitarlles aos veciños e veciñas do Grove a formación necesaria para obter este título requirido, non só na función pública, senón para distintos desempeños laborais. Xunto con esta liña de formación, o Servizo de Normalización lingüística presentará nas vindeiras semanas o seu plan de actividades e, entre outras cousas, poñerá en marcha outros cursos destinadas ao coñecemento do portugués.