O Concello convoca o Concurso de Playbacks do Entroido
Fecha: 2016-01-29
O Concurso celebrarase o vindeiro mércores, 10 de febreiro ás 19.00 horas.
Dentro do programa de actividades deste Entroido, o Concello do Grove anima as rapazas e os rapaces de entre 12 e 18 anos a participaren nun concurso de playbacks que terá lugar o mércores de Entroido pola tarde nunha carpa que se habilitará na praza do Corgo.
Esta actividade conta con patrocinio de Emgrobes e premiará as mellores interpretacións en playback de grupos, parellas e individuais. O xurado elixirá un gañador único en cada categoría, que recibirá un vale de compra no comercio local por valor de 150, 100 e 50 euros respectivamente.