Saltar al contenido

Esta web solo usa cookies propias técnicas, necesarias para su funcionamiento. Las estadísticas de visitas son anónimas y no usan cookies. Más información en nuestro aviso sobre cookies.

Aceptar

Ditaminados os premios do Concurso de Fotografía da Muller Traballadora

A entrega de premios terá lugar na Gala de entrega dos premios Meca que terá lugar no mes de marzo. 

O Consello Local de Igualdade, reunido na tardiña do pasado xoves, decidiuu os premios do Concurso de Fotografía sobre o traballo da muller. Este premio foi convocado dentro das actividades que conmemorarán o Día da Muller Traballadora no mes de marzo. De entre os 23 participantes, os membros do Consello de Igualdade seleccionaron os tres premiados.

O xurado do concurso decidiu conceder os seguintes premios

1.º Premio (300 €): Manuel Quintía Valencia, Fene (A Coruña), "Pois daquela todo era traballar"

2.º Premio (200 €): Sandra Caneda Besada, Dena (Meaño), "Non hai puntada sen fío"

3.º premio (100 €): Manuel Landeira Pérez, Vigo (Pontevedra), "Descanso total"

A entrega dos galardóns terá lugar durante a Gala dos Premios Meca, que se celebrará o vindeiro sábado 12 de marzo ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Todas as fotografías participantes serán expostas, tamén na Casa da Cultura, a partir do día 26 de febreiro.


Todas las noticias