Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Premios Meca da Igualdade 2016

Fecha: 2016-02-28

O Consello Local de Igualdade acaba de outorgar os premios Meca de Igualdade do ano 2016. Logo de recoller diversas propostas das asociacións e colectivos presentes no Consello, outorgouse o premio na categoría individual a Olga Ochoa Gondar e na categoría de colectivo á Asociación Anduriña.

 

Olga Ochoa Gondar

 

A grovense Olga Ochoa é investigadora biomédica e forma parte do equipo de dirección de atención primaria do Camp de Tarragona, pertencente ao o Institut Català de la Salut. Doutora en Ciencias Médicas básicas pola Universidad Rovira i Virgili desde o ano 2009 coa tese sobre “Epidemiología de la neumonía adquiridad en la comunidad en el anciano”. 

 

Membro do grupo de investigación en atención primara de Tarragona-Reus, pertencente ao Instituto de Investigación Sanitaria Pere Virgili (IISPV), ten participado en numerosos proxectos dirixidos a buscar respostas e apoios no proceso asistencia básico, con especial interese na prevención e promoción da saúde. Entre o seus traballos atópanse investigacións relativas á prevalencia de serotipos de enfermidades neumocócicas invasivas, ou a evolución da vacinas antineumocócicas na poboación infantil. Os seus traballos teñen conseguido repercusión internacional, converténdose nunha investigadora de referencia no campo das enfermidades infecciosas do aparato respiratorio. 

 

Os seus logros profesionais téñena feito acredora do premio Meca da Igualdade recoñecendo o seu papel como muller traballadora nun campo de alto nivel e dunha remarcada importancia social como é o da saúde. 

 

Asociación Anduriña

 

Desde a súa creación no ano 2011 a Asociación Anduriña tense ocupado da atención ás persoas con discapacidade do Salnés desde dous ángulos fundamentais: por unha banda, buscando a eliminación das barreiras e a adecuada a adaptación dos espazos públicos en todas as súas dimensións e, por outra, loitando pola dinamización e integración de colectivos mediante a proposta de plans de actividades formativas e inclusivas. 

 

O Consello de Igualdade fixo especial fincapé na importancia que ten este colectivo na loita pola equiparación a todos os niveis e que o fan merecedor do premio Meca 2016. 

 

A Gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado, 12 de marzo, ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.