Cambio de datas para o asfaltado da rúa Luis A. Mestre
Fecha: 2016-03-11
A Policía Local do Grove comunica que, por causas totalmente alleas á Administración local, as obras de fresado e asfaltado da rúa Luis Antonio Mestre programadas para os días 11, 12 e 14 de marzo adíanse ata novo aviso. Por tal motivo, nas datas sinaladas anteriormente permítese o estacionamento e a circulación viaria con normalidade nesta rúa do centro urbano. Tan pronto se confirmen as novas datas para a realización das ditas obras, comunicaranse coa maior brevidade posible.
Así mesmo, tamén aproveita para avisar que hoxe e mañá fresarase e asfaltarase o firme das rúas As Bouzas e Pintor Ernesto Goday, polo que se prohibe o estacinamento e a circulación viaria nelas mentres duren os citados traballos de acondicionamiento.
Desculpen as molestias.