Carmen Torrico presenta a súa última novela no Grove
Fecha: 2016-03-22
A escritora, que reside ocasionalmente no Grove, achega o seu último traballo “Sinfonía en París I”.
O vindeiro xoves, 24 de marzo, ás 20.00 horas a escritora Carmen Torrico presenta a súa nova novela. A autora, con formación en música e concertista de profesión, comparte veciñanza ocasional co Grove desde hai moitos anos. Dun tempo a esta parte decidiu adentrarse no mundo literario sendo colaboradora habitual en blogs e publicacións especializadas en literatura. Tamén ten participado en distintos concursos literarios e incluso abordou o mundo da poesía sendo finalista co seu poema “De nuevo el otoño” e no que acaba de publicar o seu poemario Parte de mí.
No campo da novela a súa ópera prima El visitante nocturno foi publicada hai dous anos e no ano 2015 editouse a súa obra 8 días en Roma, enmarcada na ficción romance. No mes de novembro reeditou o seu primeiro relato en versión bilingüe (inglés–español) The night visitor. Con esta son xa cinco obras que teñen sido moi ben acollidas polos lectores.
A novela Sinfonía en París I chega ao Grove logo de ser presentada en Madrid e en Pontevedra. Trátase dunha novela romántica que narra a historia dun famoso director de orquestra nunha situación complexa de amor, odio, vinganza e paixón no contexto da cidade París e entrando nunha situación de risco e odio.