Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove apoia o equipo de rapaces e rapazas do IES Monte da Vila clasificado para a Gran Final do Nacional do Young Business Talents en Madrid

Fecha: 2016-03-31

A final terá lugar  o vindeiro venres 8 de abril. 

 

Logo de que centos de equipos competiran nas comunidades autónomas para chegar á final, o CDS do Instituto Monte da Vila conseguiu chegar á última fase. Trátase de tres estudantes de primeiro de bacharelato do Grove que lograron uns espléndidos resultados na xestión en liña dunha empresa simulada e coa que levan catro meses traballando. A través dun sistema de simulación toman decisións sobre o márketing mix (prezo, produto, distribución e comunicación) buscando a maior rendibilidade do proceso de comercialización. 

 

Imanol Blanco, Damián Mascato, Anxo Soutullo e Manuel Vidal defenderán a súa xestión na final presencial que terá lugar en Madrid o vindeiro 8 de abril e na que se enfrontarán a equipos de toda España. O Concello do Grove colabora facilitando o desprazamento dos finalistas. O IES Monte da Vila conseguiu chegar á final desta competición en varias ocasións, o que supón un gran recoñecemento á formación dos rapaces e rapazas deste centro.