Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove amplía a recollida de roupa para os refuxiados sirios a outro tipo de materiais

Fecha: 2016-03-31

As ONG que están orientando ao Concello engaden novas peticións para a colaboración.

 

Con todo en marcha para comezar a recollida de axuda para os refuxiados sirios, o Concello do Grove conta xa con toda a documentación para proceder ao envío dos materiais que os veciños e veciñas acheguen. A ONG que está axudando ao Concello a organizar todo isto (Asociación de Apoyo al Pueblo Sirio) xa facilitaron o sistema de embalaxe e etiquetaxe, así como as categorías de produtos que son máis necesarios.

 

Para que todo funcione adecuadamente tamén se solicita a axuda de voluntarios que colaboren neste recollida. De feito, desde o día de onte que foi anunciada esta iniciativa xa foron varias as persoas que se puxeron en contacto co Concello para axudar. Todo fai indicar que, unha vez máis, os mecos e mecas farán gala da súa solidariedade achegando o seu gran de area neste problema. Desde os servizos sociais do Concello indícase que todas as achegas serán benvidas e faranse o maior número de envíos posible a Siria e que se se conta coa boa nova de que os materias exceden as posibilidades de envío serán inmediatamente facilitados ás numerosas ONG que traballan na comarca.

 

Lembramos que as doazóns poderán ser depositadas na base de emerxencias en Borreiros entre o 5 e o 7 de abril en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.