Renovación de licenzas para venda ambulante de colares e outros ornatos persoais realizados con cunchas mariñas do concello do Grove
Fecha: 2016-04-01
No prazo establecido entre o 4 e o 20 de abril de 2016, as persoas titulares das licenzas en vigor, para venda ambulante de colares e outros ornatos persoais realizados con cunchas mariñas do Concello do Grove deben presentar no Rexistro municipal do Concello do Grove a solicitude de renovación de licenza, en impreso normalizado que se encontra á súa disposición nas oficinas do dito rexistro e aquí, acompañada da documentación regulamentaria que nela se cita.
A non renovación da licenza en prazo determinará a súa caducidade e a perda do dereito ao exercicio da actividade autorizada.