Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove remata o proceso de contratación de 15 traballadores/as a través do Plan da Deputación

Fecha: 2016-04-06

 

A segunda fase iniciarase no mes de maio. 

 

O Concello do Grove, a través da subvención da Deputación Provincial dentro do Plan de Obras e Servizos acaba de completar a contratación da metade dos postos de traballo solicitados. En total son 15 persoas que se atopaban en situación de desemprego e que se incorporarán de xeito inmediato aos distintas labores de mantemento e conservación que se desempeñan no Concello. 

 

A partir do mes de maio iniciarase unha segunda fase para a contratación do cincuenta por cento restante. O proceso realizarase, ao igual que nesta primeira fase, a través das ofertas de emprego tramitadas ante o Servizo de Emprego Público de Cambados. As persoas candidatas deben estar desempregadas e non percibir nin prestación por desemprego nin subsidio, aínda que si poden recibir prestacións sociais (RISGA, RAI, Prepara e similares).

 

Para poder accederen aos postos ofertados, as persoas interesadas deberán estar inscritas nas ocupacións ofertadas, para o cal deberán dirixise á súa oficina de emprego ou ao Servizo de Orientación do Concello do Grove (situado no edificio administrativo). Os diferentes proceso de contratación publícanse na web do Concello —sección de emprego— e tamén se difunden a través da páxina de Facebook “O Grove Emprego” do Concello.