Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A axencia de lectura de San Vicente permanecerá sen servizo por baixa laboral ata novo aviso

Fecha: 2016-04-11

 

 

A baixa laboral por enfermidade do persoal adscrito a este centro implica o peche do servizo.

 

A pasada semana foi comunicada a baixa laboral do persoal que se encargaba da atención da Axencia de Lectura de San Vicente. De inmediato foi posto en marcha o procedemento para buscar un suplente para este servizo e o outro que era atendido por este traballador (o Plan Madruga). No relativo ao Plan Madruga, o problema puido ser solventado coa contratación dunha empresa externa que puntualmente atenderá aos nenos e nenas que participan no plan, pero esta solución non foi posible para a Axencia de Lectura, onde os servizos técnicos municipais indican que hai que realizar unha contratación eventual.

 

O proceso de contratación eventual xa foi iniciado pero non será resolto antes dunha semana. Nese período non se poderá contar co servizo habitual pero si se desenvolverán as actividades previstas, como é o caso do contacontos que terá lugar o vindeiro 13 de abril ás 18.00 horas, cando a compañía Expresións Producións representará Conto Contigo.

 

Desde o Concello do Grove agradécese a comprensión dos usuarios e usuarias deste servizo ao producirse un problema de causa maior. Farase un esforzo para evitar que este incomodo se prolongue no tempo e poder prestar a atención adecuada o antes posible.