Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove participa na IV edición do Programa ‘Cultura no Camiño’ con tres espectáculos

Fecha: 2016-04-11

A programación completa preséntase mañá, martes en Santiago de Compostela.

 

A IV edición do Programa “Cultura no Camiño” presentarase mañá martes ás 11.30 horas no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Este programa nace da colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e de Turismo de Galicia e permite que os concellos poidan manter unha programación cultural variada mediante convenios que comparten os gastos destas.

 

O eixe fundamental da programación está no Camiño de Santiago. No relativo ao Concello do Grove, a participación englóbase dentro da Ruta do Mar de Arousa e do Río Ulla, e para o ano 2016 son tres os espectáculos que visitarán a vila. O vindeiro 14 de maio a praza do Corgo acollerá a actuación teatral do Grupo Daboapipa co espectáculo teatral Lavandeiras, mentres que o 25 de xullo será o Mago Teto con Novas tolemaxias o que ocupe este mesmo lugar. Finalmente, o 3 de setembro tocaralle a vez á danza da man de Fusionarte con A peregrinaxe da vangarda. Todos os espectáculos son con entrada de balde.

 

Ao acto de mañá en Santiago asistirá, por delegación do alcalde, a concelleira de Obras, Servizos e Infraestruturas, Ángeles Domínguez.