Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove tramita as solicitudes para os campamentos de verán da Xunta de Galicia

Fecha: 2016-04-13

A Oficina de Información Xuvenil recollerá e tramitarán a documentación ata o 20 de abril.

 

Desde hoxe mesmo poderán presentarse as solicitudes para os campamentos de verán da Xunta de Galicia. A Oficina de Información Xuvenil do Concello do Grove, situada no Edificio Administrativo da rúa Alcalde Xacobe Barral, recollerá as inscricións para participar nesta actividade dentro do prazo establecido (ata o 20 de abril). 

 

Nestes campamentos poden participar mozas e mozos galegos residentes en Galicia que naceran entre os anos 1998 e 2007 e, en todo caso, seren menores de 18 anos antes de rematar o campamento e teren cumpridos os 9 antes de que estes comecen. 

 

O prezo da actividade varía en función do tipo de participación elixida, que pode ser de 8 ou 12 días. As  familias numerosas beneficiaranse dun desconto do 50% e do 25%, se quen solicite ten carné xove.

 

Lembramos que a Oficina de Información Xuvenil conta con información sobre estas solicitudes en horario de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres, e tamén de 16.00 a 19.00 h os luns.