Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A praza de abastos do Concello do Grove contará cun desfibrilador esta mesma semana

Fecha: 2016-04-13

 

O vindeiro venres, 15 de abril será instalado un equipo DESA no edificio do mercado.

 

Grazas ao convenio establecido co Proyecto Salvavidas e a venda das pulseiras solidarias, o Concello do Grove poderá instalar o vindeiro venres un novo desfibrilador. Este equipamento, xunto coa formación de sete persoas que quedan acreditadas para o seu uso, permite que a praza de abastos se converta nun espazo cardioprotexido. 

 

Lembramos que este novo equipamento e a formación de máis persoas neste ámbito complementa o traballo desenvolto nos pasados meses, cando doce monitores e adestradores de clubs deportivos completaron a súa preparación. Ademais diso foi necesario realizar a compra do material funxible necesario para o correcto funcionamento dos equipos que xa existían, xa que na súa meirande parte este se atopaba caducado. Isto permitiu que os catro DESA cos que actualmente conta o Concello puidesen ser dados de alta legalmente nas bases de datos do 061.

 

O traballo realizado durante a Festa do Marisco e en colaboración cos clubs deportivos e as vendedoras e vendedores da praza permitiu que se contase con recursos para novos equipamentos no Concello. Todo isto resulta fundamental avanzar no Programa Integral de Atención á Morte Súbita no Ensino de RPC do Grove 2016-2019, que será presentado nas vindeiras datas, un proxecto municipal pioneiro en Galicia e en España.