O Concello do Grove homenaxea ao último alcalde da República
Fecha: 2016-04-15
O acto terá lugar o domingo 17 de abril ás 12.30 horas na rúa que leva o seu nome. En caso de mal tempo trasladarase á Sala das Cunchas.
O vindeiro domingo 17 terá lugar a homenaxe á figura do Alcalde Xacobe Barral Otero. Coincidindo coa nova designación da rúa que leva o seu nome desde o pasado 14 de abril, celebrarse unha pequeno acto que pretende comezar o proceso de restauración da memoria deste veciño do Grove. Tal e como indicaba a moción aprobada en 2008, a rúa onde se sitúa o edificio administrativo do Concello denominarase a partires de agora Alcalde Xacobe Barral Otero.
O acto contará coa presenza da familia de Xacobe Barral que se desprazará ao Grove desde distintos puntos para a ocasión. Tamén se contemplan as intervencións de Antón Mascato e de Alejenadro Barral, este último en representación da familia. O Concello do Grove convida a toda a veciñanza a participar desta homenaxe e contribuír a completar a historia da localidade. Na sala das cunchas estarán dispoñibles paneis informativos sobre a vida de Xacobe Barral e sobre os alcaldes da República no Grove.