Modificada a data da próxima andaina do Concello do Grove
Fecha: 2016-04-27
A actividade prevista para o 14 de maio celebrarase o día 7, evitando así coincidir coas actividades das Letras Galegas.
O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para unha nova andaina. Neste caso a actividade, que estaba prevista inicialmente para o 14 de maio, será adiantada ao 7 de maio para evitar así que coincida coas actividades programadas para o fin de semana das Letras Galegas —o propio día 14 son varias as actividades na axenda—.
A andaina do 7 de maio percorrerá a Ruta da Costa da Égoa polos Muíños de Batán na Coruña. Está previsto que a saída do Grove se realice arredor das nove da mañá. Recoméndase que as persoas interesadas realicen a súa inscrición o antes posible, xa que as prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Na anterior andaina participaron 55 persoas.