O Concello do Grove presenta mañá os actos do ‘Ano Lueiro’
Fecha: 2016-05-05
O biógrafo de Manuel Lueiro Rey, Ramón Nicolás, será o encargado da conferencia inaugural dos actos.
Mañá, venres, a partir das 19.00 horas, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá o acto de presentación dos “100 anos de Lueiro”. Trátase dun programa de actividades que se desenvolverán durante todo o 2016 e que pretenden reivindicar a figura do escritor Manuel Lueiro Rey coincidindo co centenario do seu nacemento.
O acto terá como eixe central a conferencia do escritor Ramón Nicolás con título “Memoria de Lueiro Rey no seu centenario”. Tamén se proxectará un traballo audiovisual realizado polo alumnado do CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes, e contarase coa actuación musical de Rosa Leiro (voz) e Juan Carlos Cambas (piano), que interpretarán obras musicadas de Manuel Lueiro Rey e outros autores galegos.
Ademais de todo isto, daranse a coñecer as distintas iniciativas que se poñerán en marcha nos vindeiros meses e comezarase cunha recollida de sinaturas —en colaboración co Concello de Fornelos de Montes— para solicitarlle á Real Academia Galega que se lle dedique o Día das Letras galegas a Manuel Lueiro Rey.