Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza unha sesión informativa sobre a formación e o emprego para menores de 30 anos

Fecha: 2016-05-16

O vindeiro xoves, día 19 a Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove acollerá unha sesión informativa dirixida a menores de 30 anos na que se presentarán varios programas de formación, inserción e acceso ao emprego. 

 

Concretamente, a orientadora laboral do Concello e o responsable da Axencia de Desenvolvemento Local presentarán os recursos dispoñibles e, posteriormente, un responsable de Cruz Vermella de Pontevedra e un representante da empresa Starservicios abordarán os programas específicos que se inclúen no Programa de Garantía Xuvenil. 

 

Dun xeito máis específico, Cruz Vermella de Pontevedra presentará o programa operativo de emprego xuvenil e a empresa Starservizos fará o propio co Programa de inserción laboral para xoves. Ambas as propostas están incluídas na estratexia de emprendemento e emprego xove da Xunta de Galicia. 

 

Desde o Concello do Grove anímase aos mozos e mozas en situación de desemprego menores de 30 anos a asistir a esta sesión que permitirá coñecer recursos e iniciativas de fomento de emprego de grande interese.