O Concello negocia coa delegación da Xunta medidas de seguridade na estradas autonómicas
Fecha: 2016-05-18
O alcalde do Grove mantivo hoxe unha reunión co delegado provincial da Xunta de Galicia, Cores Tourís, para tratar distintas cuestións relativas á seguridade das estradas de titularidade autonómica que transcorren polo concello. Dun xeito máis concreto abordouse a problemática no relativo á avenida Xoán XXIII e chegouse a un principio de acordo para poder instalar un semáforo con pulsador para que fosen os peóns quen puidesen activalo cando precisasen cruzar a vía. Tamén se consensuou a localización dun lombo na avenida Tenente Domínguez.
Noutra orde de cousas, tamén se reclamou o asfaltado do carril pendente da rúa Luis A. Mestre, xa que un foi abordado pola empresa concesionaria e deixaron a rúa co firme desigual. Este traballo permitiría, ademais, que o Concello abordase o cambio de tubaxes desa estrada. Fíxose especial fincapé nas necesidades de limpeza da estrada entre a A Lanzada e San Vicente do Mar, zona que se atopa bastante descoidada de cara á temporada de verán.
Ademais destes asuntos, desde o Concello do Grove demandouse o desbloqueo dos permisos para poder rematar o acondicionamento da fachada portuaria no tramo que vai desde a rúa Xacobe Barral e a rúa da Patela. Trátase dun proxecto que se realizara en anos anteriores, pero que quedou pendente do permiso de Portos para poder continuar. Neste caso, Cores Tourís emprazou o Concello a reunirse cos responsables da entidade de Portos para tratar o tema.
Convenio do GES
Un dos as importantes na reunión xirou en torno ao convenio para os grupos de emerxencias do Grovuntose. Lembramos que ademais da dotación municipal, para poder cubrir o seu custo é necesario contar coa achega da Deputación e da Xunta de Galicia. No relativo ao ente provincial, este xa formalizou o seu compromiso de proporcionar os fondos sempre e cando a Xunta de Galicia fixese o propio. Cores Tourís indicou que existe un compromiso claro no relativo a este tema e que se financiará a parte correspondente para poder manter este servizo.