Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa cunha intensa actividade na limpeza das estradas en San Vicente

Fecha: 2016-05-26

O Concello do Grove asinou o compromiso de adhesión ao documento “Protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra dos lugares de traballo”. Trátase dun compromiso claro enmarcado nas accións de responsabilidade social corporativa que foi incentivado pola Deputación de Pontevedra e que permite que o Concello conte con ferramentas claras de atención a problemas de violencia de xénero que se poidan afectar a contornos do traballo. 

 

Agardase que nos vindeiros días sexan outros concellos e outras empresas as que se unan a este protocolo para que se poida facer extensivo ao maior número de ámbitos posibles. Deste xeito avánzase en establecer un marco de protección adecuado ás mulleres vítimas de violencia de xénero facilitando, ademais, adecuados protocolos de atención.