Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello continúa coas melloras nos centros educativos

Fecha: 2016-05-27

Dentro dos amplos traballos realizados desde o Concello do Grove para manter e coidar os centros educativos do municipio, tense emprendido un plan de traballo que supón melloras continuas que permitan atender as necesidades que os colexios teñen en materia de mantemento.

 

Entre as melloras previstas nas vindeiras semanas atópanse a mellora gradual da carpintería exterior. As ditas melloras comezarán polas portas de acceso do colexio das Bizocas, no que se instalarán novas portas de acceso libre desde o interior, o que permitirá unha saída moito máis sinxela en caso de emerxencia, ademais de supoñer unha maior eficiencia enerxética do colexio, xa que contribuirá a conservar a temperatura do interior.