Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha os Cantos de Taberna

Fecha: 2016-05-27

O Concello do Grove tense posto en contacto cos establecementos locais (bares e tabernas) para poder poñer en marcha a primeira edición do Cantos de Taberna do Grove. Trátase dunha iniciativa que pretende reivindicar esta tradición na nosa vila e servir de elemento de atracción tanto para a xente do Grove como para os visitantes, dinamizando a actividade dos bares e tabernas da localidade.

 

A previsión é celebrar este eventos os días 17, 18 e 19 de xuño. A dinámica sería elaborar rutas de tal xeito que os distintos grupos participantes teñan un horario de actuación aproximado en cada un dos locais que participen a iniciativa. Para poñer en marcha esta actividade solicitouse a colaboración de bares e tabernas do Grove, que deberán poñerse en contacto coa Concellería de Turismo e Cultura para amosar a súa dispoñibilidade para formar parte da ruta. 

 

Ademais disto tamén se fai un chamamento aos grupos e colectivos que interpretan este tipo de cancións e músicas para que, do mesmo xeito, amosen a súa dispoñibilidade para participaren. De feito, esta iniciativa xorde da proposta de varias destas agrupacións que amosaron o seu interese porque O Grove recupere esta actividade. Agárdase que no prazo dunha semana se poida contar coa confirmación de grupos e locais participantes para poder deseñar a ruta.