O Concello abre o prazo de solicitude para realizar fogueiras en San Xoán
Fecha: 2016-06-06
O pasado venres abriuse o prazo para que aquelas persoas que o desexen soliciten realizar fogueiras na noite de San Xoán. Este prazo rematará o vindeiro 20 de xuño para as fogueiras en xeral e haberá un prazo específico para aquelas que sexan realizadas na praia, que rematará o 17 de xuño.
As solicitudes deberán ser presentadas por Rexistro no edificio administrativo. Aquelas que sexan aprobadas recibirán unha autorización, que deberá ser recollida por quen a solicitara no mesmo lugar entre o 22 e o 23 de xuño en horario de atención ao público. Sen ese documento non será posible realizar a fogueira.