Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza un novo obradoiro de lingua portuguesa

Fecha: 2016-06-07

A actividade terá lugar o venres 10 de xuño, ás 19.30 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Cómpre inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

 

O Concello do Grove, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) #sabemosportuguês, un obradoiro de lingua portuguesa gratuíto e aberto ao público en xeral impartido pola Associaçom Galega da Língua (AGAL).

 

Esta acción formativa, que complementa o obradoiro de portugués inicial (OPS! O português simples) desenvolvido no mesmo lugar o pasado mes de abril, ten como obxectivo dar un paso máis no coñecemento da lingua do país veciño e pór en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, ao tempo que se lles mostra aos participantes que o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países,  con todas as posibilidades de comunicación e entendemento que isto comporta.

 

Durante 100 minutos, nos cales se fomentará a interacción mediante vídeo-presentacións, internet, música e diversos contidos audiovisuais, amosaráselle ao alumnado participante que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués e tamén a nosa vantaxe para acceder a esta lingua sabendo galego.

 

As persoas interesadas deben inscribirse previamente no SNL do Concello do Grove, enviando un correo ao seu enderezo electrónico (normalizacionlinguistica@concellodogrove.es), chamando ao teléfono 986 733 190 (de luns a venres, de 9.30 a 13.00 h) ou persoalmente na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (r. Monte da Vila, 11).