Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

En marcha o II Concurso de Maquetas de Educación Viaria

Fecha: 2016-06-17

 A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolle desde antonte a exposición das maquetas participantes no II Concurso de Maquetas de Educación Viaria que organiza o Concello do Grove. En total son 9 maquetas as participantes, que pertencen aos  colexios Rosalía de Castro (4), Valle-Inclán (3), As Bizocas (1) e Conmeniño (1), e que foron elaboradas polo alumnado de 5º e 6º de primaria.

 

As maquetas recollen propostas de espazos públicos nos que a seguridade viaria é máxima. Outorgaranse tres premios: de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, que serán para que a aula gañadora os poida dedicar a material escolar. As maquetas poderán verse ata o vindeiro 21 de maio na sala de exposicións da Casa da Cultura.

 

Asemade están xa recollidas as cancións participantes no Concurso de Cancións de Educación Viaria, polo que o xurado emitirá o seu ditame nos vindeiros días.