O día de San Xoán haberá mercado no Grove
Fecha: 2016-06-20
O vindeiro venres, 24 de xuño, celebración do día de San Xoán e festividade autonómica, a praza de abastos do Grove abrirá as súas portas no horario habitual. Alén diso, o mercado dos venres terá lugar, coma é costume, na praza do Corgo.
A apertura da praza foi decidida polos propios comerciantes e agárdase que a festividade anime tanto a xente do Grove como a que nos visita a achegarse a este lugar. Do mesmo xeito agárdase que o mercado dos venres conte con numeroso público que poida aproveitar o festivo para pasear polo Grove.