O Concello do Grove habilitará un punto de información sobre as mesas de votación no Colexio Rosalía de Castro
Fecha: 2016-06-23
Para tentar evitar os habituais problemas existentes no referido á localización da mesa de votación que lle corresponde a cada veciño ou veciña, especialmente dende a modificación do censo nas pasadas eleccións xerais e como consecuencia de non poder expoñer listas con datos persoais en aplicación da Lei de protección de datos, o Concello do Grove habilitará un equipo informático que será atendido por un axente da Policía Local co fin de que se poida facilitar información directa sobre a mesa que corresponde simplemente indicando o nome e apelidos da persoa interesado.
O punto de información funcionará no horario de votación no colexio Rosalía de Castro, ao ser este o lugar con maior número de votantes do municipio. Agárdase así facilitar o proceso de votación na xornada deste domingo inda que tamén se lembra que a información sobre a mesa correspondente é remitida aos domicilios mediante a tarxeta censual.