Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acollerá a retransmisión en directo de dúas óperas desde o Teatro Real de Madrid

Fecha: 2016-06-28

 

O Concello do Grove vén de acollerse ao programa de celebración do bicentenario do Teatro Real de Madrid. Co gallo desta conmemoración, desde este prestixioso escenario ofrecerase en directo o sinal para retransmitir dúas óperas. En concreto, o vindeiro 14 de xullo poderá asistirse desde a Praza do Corgo á función de I Puritani, de Vincenzo Bellini. A retransmisión farase mediante conexión de internet a partir das 20.00 horas e estará aberta para que todos os veciños e veciñas e visitantes poidan gozar deste acontecemento en rigoroso directo. 

 

As probas para a retransmisión comezarán nos vindeiros días. A experiencia tamén se repetirá no mes de setembro, cando está prevista a representación de La Traviata, de Verdi. Neste caso será a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a que acollerá o evento, tamén a partir das 20.00 horas. Trátase dunha oportunidade única de achegarse a un xénero tan importante como a ópera e ademais de facelo nun escenario de máximo nivel internacional como é o Teatro Real de Madrid. Agárdase que esta nova experiencia teña boa acollida no Grove.