A Biblioteca do Grove obtén unha nova subvención para a adquisición de fondo bibliográfico galego
Fecha: 2016-06-28
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Educación, acaba de concederlle unha subvención á Biblioteca Municipal do Grove de 2.708,83 euros, que poderán ser destinados á adquisición de fondo bibliográfico en galego. Trátase dunha nova axuda conseguida pola Rede de Bibliotecas que permite mellorar aínda máis os fondos dispoñibles nos centros culturais do Grove.
Deste xeito, séguese traballando para mellorar tanto a dispoñibilidade de fondos como a habitabilidade e o uso das dúas casas da cultura do Grove. Así, nas vindeiras semanas melloraranse as cortinas da Casa da Cultura Vázquez Hereder de San Vicente, cambiando os rieis, que se atopaban moi deteriorados e que impedían un adecuado peche do salón de actos. Tamén se agarda que se poida contar coa subvención solicitada para a urxente obra de accesibilidade da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e logo do verán deberá comezarse a habilitar un novo espazo de arquivo neste inmoble dado o gran crecemento dos fondos dispoñibles.